OS ARTISTAS

BANDA DE GAITAS XARABAL

http://www.xarabal.org

A Banda de gaitas Xarabal, fundada en 1984 polo laureado artesán D. Antón Corral (A Coruña 1936) celebra este ano o seu 30 aniversario.
Formaron parte de esta agrupación célebres gaiteiros como Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño, Anxo Pintos (Berrogüetto), Anxo Lorenzo...
Outros músicos de renome particiaron na banda como é caso de Marcos Campos (Crema de gaita, Riobó...) Xurxo Núñez (Carlos Núñez), Xosé Liz (Riobó, Son de seu, Lizgairo, Beladona), Lucía Martínez (Projecto Miño, Composers ´Orquestra Berlín...)








SEISIÚN
https://www.facebook.com/seisiun

Seisiún é un grupo costarricense especializado en música celta.
A pesar de que nos pareza insólito que este xénero musical puidese desenvolverse neste belo país centroamericano, onde reinaron tradicionalmente ritmos como a salsa ou a cumbia... existen na actualidade numerosas bandas realizando unha notable actividade de concertos e proxectos vinculados ás músicas tradicionais atlánticas. Tanto é así que na capital do país dispoñen dun Festival InterCéltico que celebran todos os anos.
 


Seisiún destapouse cunha proposta enérxica e de calidade, na que estes catro músicos desenvolven todo un alarde de técnica e vistuosismo.


https://soundcloud.com/seisiun/el-leo-n-verde






 EOGHAN NEFF & ANXO LORENZO

http://www.eoghanneff.com/





 









Eoghan Neff é un virtuoso violinista e musicólogo irlandés que se deu a coñecer en Galicia grazas ás súas colaboracións co excepcional gaiteiro de Moaña, Anxo Lorenzo.
O certo é que Eoghan Neff xa contaba cunha importante traxectoria no seu país, formando parte de ambiciosos proxectos como a gravación de Bandas Sonoras de películas como
"The Eagle"

 A súa música caracterízase por ser electrizante e virtuosa, alcanzando co seu violín unha alquimia de sons que van dende a distorsión acústica (sen pedais de efectos) ata o emprego de loops, frases improvisadas e veloces temas irlandeses inalcanzables para o común dos mortais.

Anxo Lorenzo é o icono da fusión da música celta & música techno en Galicia. Proyectos como "Spiritu 986" o catapultaron no pasado e o deron a coñecer lonxe de Galicia.
Dende a súa reaparición nun formato máis acústico co álbum "Tirán" (2010) converteuse nun fixo en todos os Festivais.







PEREGRINO GRIS

https://www.facebook.com/PeregrinoGrisCelta/


Peregrino Gris é a banda pioneira na música celta en Costa Rica.
Fundouse en 2001 gracias as inquedanzas musicais de 4 intérpretes apaixoados pola música medieval e a música celta.
Alí xurdiu un paralelismo curioso entre os aficiónados á literatura de Tolkien e a música desta formación.
Influenciados pola obra do escritor de "O Señor dos aneis" os músicos deciden bautizar a formación co nome de Peregrino Gris en homenaxe a Gandalf, unha das personaxes da saga.
Ó mesmo tempo fundaríase unha comunidade de seguidores da obra de Tolkien que se convirten en fieis seguidores da música do grupo.



Os seus músicos non deixan de crear música orixinal e co tempo acadarían unha numerosa lexión de seguidores que os acompañan en todos os seus concertos.
Na actualidade teñen publicados 3 traballos discográficos autoproducidos.









BANDA BAILE ASALTO

http://www.bandabaileasalto.com/














Banda Baile Asalto é un sexteto pontevedrés que inicia a sua actividade en 2011.
A banda está formada por experimentados intérpretes da música tradicional e doutros xéneros como o jazz, o soul, a salsa ou a bossa nova.
No seu 1º disco contan con importantes colaboracións de reputados artistas do panorama folk galego e nacional, como é o caso de Uxía Senlle, Rodrigo Romaní, Elseo Parra...
Toda unha declaración de intencións de esta espléndida banda que tanto sorprendendo á crítica e público.



No hay comentarios:

Publicar un comentario